Burela invita a facer visitas guiadas á memoria mariñeira

AMariñaXa
O Concello de Burela invita a facer unha viaxe polo mundo mariñeiro facendo visitas guiadas á Moncloa, o local da asociación de mariñeiros
a nosa memoria Burela moncloa 1
12 sep 2021

O Concello de Burela invita a facer unha viaxe polo mundo mariñeiro facendo visitas guiadas á Moncloa, o local que se atopa enfronte da Oficina de Turismo de Burela.

Este local no que se atopa a Asociación de Mariñeiros Xubilados e Afíns terá visitas guiada os xoves e venres de 16.00 a 18.00 horas e os sábados e domingos de 10.00 a 12.00 horas.

O público ao que van dirixidas non son só turistas que visitan a vila senón tamén aos propios veciños de Burela e da comarca.

Nestas visitas poderanse coñecer de primeira man as memorias e anécdotas mariñeiras así como admirar a exposición de fotografías, maquinaria e artes de pesca que gardan no interior.

Para máis información haberá que contactar no teléfono 665 013 838.

A Asociación de Mariñeiros Xubilados e Afíns “A Moncloa” fundouse no ano 2008 para cubrir a necesidade de manter o vínculo coa que fora a súa vida no mar e cos seus compañeiros de logros e sacrificios, poñendo en valor o seu duro oficio, porque “quen foi mariñeiro non deixa nunca de selo”.

a nosa memoria Burela moncloa
0.21464085578918