Burela e Urbaser poñen en marcha unha campaña de recollida de pilas usadas

AMariñaXa
O Concello de Burela, en colaboración con Urbaser, acaba de poñer en marcha unha campaña para potenciar a recollida de pilas usadas.
reparto contedores pilas usadas burela
28 Apr 2021

O Concello de Burela, en colaboración con Urbaser, acaba de poñer en marcha unha campaña para potenciar a recollida de pilas usadas, fomentar a súa reciclaxe e evitar a contaminación ambiental.

Esta mañá a concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, iniciou o reparto de mini contedores para a recollida selectiva de pilas entre os comercios de Burela que se adheriron a dita campaña, dirixida a establecementos onde se venden pilas ou aparellos que funcionan con elas.

A edil burelesa explicou que “pretendemos incentivar a reciclaxe de residuos e recordar aos veciños a alta capacidade de contaminación que teñen as pilas cando se tiran en contedores que non están especialmente habilitados para dita función. Unha pila normal pode chegar a contaminar uns 14.000 litros de auga; unha alcalina, 167.000; e as pilas de botón, uns 600.000 litros”.

Toñi Eijo dixo que “os comercios cando teñan os mini contedores cheos só teñen que chamar ao 626.76.31.42 e operarios de Urbaser desprazáranse ao establecemento a recoller ditas pilas”.

E engadiu: “aproveitamos para recordarlles a todos os veciños e veciñas que no punto limpo e no punto limpo móbil tamén poden depositar as pilas usadas”.  

reparto contedores pilas usadas burela 1
0.19228315353394