Burela contará cun campus de taekwondo gratuíto
AMariñaXa
Burela acollerá do 3 ao 5 de agosto un torneo 3x3 de baloncesto de todas as categorías masculinas e femininas
22 Aug 2023
O Concello de Burela acollerá ata finalizado o mes de novembro, o seu Campus de Taekwondo. Este desenvolverase todos os luns, mércores e venres de 16.00 a 17.00 no pavillón Os Castros.
A actividade será gratuíta, como parte do Plan Corresponsables para favorecer a conciliación familiar. Poderá participar a rapazada de 3 a 16 anos para formarse neste deporte.
Presentaron o evento o tenente de alcaldesa Mario Pillado, o entrenador nacional de taekwondo Juan Carlos Quintana e o concelleiro de Deportes no municipio Carlos Méndez.
Será necesario anotarse na actividade contactando coa entidade organizadora Club Jansu, de Vilalba, a través do correo electrónico juancaqd@gmail.com ou no teléfono 651 577 247.