Burela acollerá o II Encontro de Coros Infantís e Xuvenís da Mariña Lucense 'MariñaEnCanto'

Burela será a sede do II Encontro de Coros Infantís e Xuvenís da Mariña Lucense 'MariñaEnCanto', que se celebrará este fin de semana.
O encontro, organizado pola Fundación Xesús Bal y Gay, contará coa participación de máis de 230 rapazas e rapaces de Burela, Ribadeo, Foz, Viveiro e O Valadouro, ademais de grupos procedentes de Mañón, Ourense e Luanco (Asturias).
O evento culminará o domingo 16 de febreiro co concerto de clausura, que terá lugar no auditorio de Burela ás 12:30. O Concello quixo expresar o seu agradecemento á Fundación por elixir unha vez máis a localidade para este evento cultural.