Burela acollerá en xullo un campus de fútbol para pequenos
AMariñaXa
Burela acollerá este verán o II Campus Mixto Futbolinlugo Burela Bonita, que se celebrará do 15 ao 19 de xullo na Marosa para nenos e nenas entre os 5 e os 16 anos.
7 Abr 2024
Burela acollerá este verán o II Campus Mixto Futbolinlugo Burela Bonita, que se celebrará do 15 ao 19 de xullo na Marosa para nenos e nenas entre os 5 e os 16 anos.
“Unha iniciativa para impulsar o deporte mixto e favorecer a conciliación familiar e laboral na tempada estival”, asegura a alcaldesa de Burela, Carmela López.
“Moi contentos de poder renovar esta iniciativa da SD Burela e poder acercar máis experiencias formativas no ámbito do deporte aos nenos e nenas de Burela”, engadiu pola súa parte o concelleiro de Deportes, Carlos Méndez.
Para máis información e inscricións, as persoas interesadas poden chamar aos números 662 56 78 47 e 649 28 68 77, ou escribir ao mail campusfutbolinlugo@gmail.com