Burela acollerá dende o 5 de xuño outro curso de monitor de fútbol sala
TerraChaXa | AMariñaXa
A sede burelá da Real Federación Galega de Fútbol pon en marcha un novo curso de monitor de fútbol sala organizado pola escola de adestradores da entidade.
28 May 2019
A sede burelá da Real Federación Galega de Fútbol pon en marcha un novo curso de monitor de fútbol sala organizado pola escola de adestradores da entidade. A actividade comezará o 5 de xuño e rematará o 6 de xullo.
A formación desenvolverase os luns, mércores e xoves, en horario de 20 a 23 horas e os sábados de 9.30 a 14.30 horas.
A inscrición para este curso xa está aberta e pode realizarse de xeito online a través do apartado da Escola na web www.futgal.es.
Para calquera dúbida pode consultarse contactando coa escola de adestradores no número de teléfono 981.900.600 ou no correo electrónico escueladeentrenadores@futgal.es.