Burela acollerá a Futsal Women's European Champions

AMariñaXa
Este mércores día 17 de maio, Día das Letras Galegas, celebraranse as dúas finais de Copa Galicia, feminina e masculina
Futsal Women's European Champions
Futsal Women's European Champions
15 Nov 2023

Burela será en decembro a capital do fútbol sala feminino acollendo a Futsal Women's European Champions do 18 ao 22 de decembro. Polo momento, descoñécese cal será o formato e que equipos rivalizarán coas guerreiras laranxas.

Así o pavillón de Vista Alegre será a sede do mellor fútbol feminino e por el pasarán o vixente campión Cittá de Falconara tras impoñerse ao Benfica, e Futsi Atlético foi o terceiro.

Ás de Julio Delgado tocaralles conquistar unha vez máis este título europeo, xa o acadaron en 2021 no Pazo dos Deportes de Lugo.

0.17066693305969