Burela acolle unha xornada de formación en xeoturismo

AMariñaXa
O vindeiro 24 de abril desenvolverase unha Xornada de Formación en Xeoturismo para anfitrións e xestores de turismo, organizada pola Mancomunidade de Concellos da Mariña ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística.
foto Xeoruta Marosa macomunidade amarina
21 Abr 2024

O vindeiro 24 de abril desenvolverase unha Xornada de Formación en Xeoturismo para anfitrións e xestores de turismo, organizada pola Mancomunidade de Concellos da Mariña ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística. Esta xornada estaba prevista para o pasado 13 de marzo, pero quedou posposta para este mes de abril co obxectivo de que, tralos preparativos que supuxo a Semana Santa, poida participar o maior número de persoas interesadas.

Desenvolverase no salón de conferencias, en Burela, en horario de 10 a 14 horas e de 15 a 19 horas. As persoas interesadas en asistir aínda se poden inscribir no enlace: https://forms.gle/KSPKRjpTQ1Ur7zGAA . Para máis información  contactar por mail con amarinageoturismo@gmail.com ou por teléfono no 644 009 722.

Continúase cunha proposta que comezou en febreiro, mes no que tiveron lugar as primeiras xornadas de formación en Xeoturismo para guías e empresas de turismo activo. Foron 21 profesionais os que participaron tanto da comarca da Mariña como do resto de Galicia e de Asturias. As xornadas desenvolvéronse os días 20, 21, 27 e 28 de febreiro no salón de conferencias de Burela.

0.13404393196106