Burela acolle un curso de iniciación á arbitraxe da Federación de Fútbol

TerraChaXa | AMariñaXa
3 Abr 2019

A localidade de Burela acolle nos meses de abril e maio un curos do formación de árbitros organizado pola Real Federación Galega de Fútbol na Mariña lucense baixo o nome Non quedes fóra de xogo.
O curso consta de formación teórica e práctica e ademais proporcionarán a equipación deportiva completa e a acreditación para entrar en todos os campos de fútbol.
Este curso terá unha retribución económica e seguro de accidentes e lesións deportivas.
A clases impátense todos os xoves do meses de abril e maio en horario de tarde e o prazo de inscrición está aínda aberto xa que os que o desexen poderán ir incorporándose á formación cando desexen.
O interesados en inscibirse poden facelo nos teléfonos 981 908 600 en horario de tarde ou no 678 411 636, co coordinador de árbitros da provincia, Gabriel Carzón.
As calses impártense por profesionais na seda da Federación Galega de Fútbol en Burela.

0.1961989402771