Burela acolle a chegada da Apalpadora e un concerto de panxoliñas da SCR Ledicia

AMariñaXa
O acto desta figura da tradición galega será ás 16.30 horas e a cita musical o día 27 de decembro
burela-nadal
23 Dec 2024

A Casa da Cultura de Burela acolle a chegada da Apalpadora, figura máxica da tradición galega, que fará as delicias dos máis pequenos e das súas familias nun evento único.

O acto ás 16.30 horas, con entrada libre, está pensado para gozar en familia e transmitir valores fundamentais como o respecto polo monte e o coidado do rural. Convidan a todos a cantar e contar con Antía, a Apalpadora, nunha xornada que promete diversión e aprendizaxe.

Continuando coas actividades, o venres 27, segundo traslada a Sociedade Cultural e Recreativa Ledicia, despois da misa que se celebra en Vila do Medio, terán un breve concerto de panxoliñas na propia igrexa. A cargo do grupo de música e canto da asociación, que será outro xeito de celebrar o seu 50 aniversario como asociación e servirá de homenaxe ó coro que foi unha das primeras actividades coas que se iniciaba o traballo de Ledicia.

 

0.13682985305786