Brais García debuta na sub-16 cunha vitoria en Noia

TerraChaXa | AMariñaXa
Brais García debuta na sub-16 cunha vitoria en Noia. Participou na final B dos 60 metros lisos e impúxose con autoridade
19 Xan 2021

O atleta ribadense Brais García González,  estreouse na categoría sub-16 cun triunfo, xa que resultadou vencedor da segunda edición do control de marcas Vila de Noia. O velocista mariñán participou na final B dos 60 metros lisos e impúxose con autoridade, non só aos rivais da súa quenda senón tamén aos que participaron na rolda A

Desde a rúa 4, colocouse en cabeza desde a saída e cruzou a meta en 8,49 para establecer a súa plusmarca persoal. Entre os seus compañeiros de serie o que máis se lle achegou foi Ian Torres Turnes (Compostela Atletismo).

0.16911792755127