Bota a andar unha nova edición do Día da Bicicleta de Ribadeo
O vindeiro domingo, 1 de setembro, bota a andar unha nova edición do Día da Bicicleta, que organiza o Concello de Ribadeo. A concentración dos participantes está prevista para as 10.30 horas das inmediacións da Casa do Concello. E a saída está prevista para as 11 da mañá. Haberá camisetas de regalo para todos os participantes, así como outros agasallos doados por BeOne, Decathlon, Deportes Docobo, La Moda Sport, Cerezo Bikes, Pillabikes, Club Ciclista Eo e Hola Ola.
Desde a Concellería de Deportes, Francisco José Silvent, agradece “o apoio e a colaboración de todas as empresas implicadas nesta tradicional cita. Agardamos poder gozar dun percorrido ameno, que ademais é axeitado para todas as idades”.
O evento foi presentado no Campo de San Francisco con asistencia do alcalde, Dani Vega, o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, o técnico municipal de Deportes, Iván López, así como representantes das empresas colaboradoras.