Bota a andar un programa de visitas guiadas por Barreiros

AMariñaXa
O que se pretende é a través de percorridos, temáticas e localizacións diferentes tanto interior como de costa, amosar a súa riqueza cultural e ambiental
casa-do-concello-de-barreiros
casa-do-concello-de-barreiros
21 Xuño 2024

O Concello de Barreiros aposta un ano máis polo programa de visitas guiadas Barreiros queda en ti.  O que se pretende é a través de percorridos, temáticas e localizacións diferentes tanto interior como de costa, amosar a súa riqueza cultural, ambiental, xeolóxica, etc…

Contarán coas propostas, nos meses de xullo e agosto, de De Flor en Flor. A vida dunha colmea, un percorrido sobre a importancia das abellas, xa non só coma produtoras do noso mel, se non tamén o valor que teñen para o noso ecosistema.

Seguiralle O Fráxil fogar da Pillara das Dunas para amosar o fráxil fogar deste paxariño e como todos podemos botar unha man para que poida seguir entre nós. Tamén faremos especial fincapé na importancia do coidado do medio-ambiente e O día a día dun gandeiro, unha visita granxa Mantoño Holstein para poñer en valor o sector primario.

Ademais, desenvolveranse rutas xeolóxicas polo litoral de Barreiros.  Todas as rutas son gratuítas. É necesario inscribirse na páxina web de turismo municipal. Para resolver dúbidas poden contactar coa Oficina de Turismo municipal, teléfono 982 134 400.

0.19138693809509