Bos resultados na penúltima Tirada de Bolos de Xove

TerraChaXa | AMariñaXa
Bos resultados na penúltima Tirada de Bolos de Xove. A IX Tirada de Bolos de Xove celebrada o sábado 12 de decembro
o páramo
16 Dec 2020

A IX Tirada de Bolos de Xove celebrada o sábado 12 de decembro, foi a penúltima deste ano dado que o campionato son 18 tiradas en total e acaban de pasar o ecuador do mesmo.

Así, na liga Senior Masculina, foi unha tirada atípica onde unha boa parte dos favoritos non puntuaron ou puntuaron baixo. O vixente campión Miguel López sigue de líder, consolidando este liderato cunha tempada moi regular, puntuando prácticamente en todas as tiradas e sempre en posicións de cabeza; segundo está Óscar Meitín que se está mostrando moi sólido no seu xogo, iso sí, cunha menor continuidade, alternando grandes tiradas con tiradas onde non consigue puntuar, o que lle pasou en tres delas; e no terceiro posto está Arturo Vigo, algo descolgado da cabeza xa que leva dúas semanas sen puntuar.

Xa por detrás atópanse Jordi Meitín e Francisco Pérez, ambos con 47 puntos, e Rafael González con 37, este último xa bastante descolgado porque está a cáse 30 puntos do liderato.

En definitiva, a falta de 9 tiradas para concluir o campionato, Miguel López e Óscar Pérez son os principais favoritos para o triunfo final, aínda que isto pode dar un volco, e non sería a primeira vez que pasa.

No que respecta a liga Senior Feminina, foi a segunda victoria de Concepción Piñeiro que a aúpa á cuarta posición da táboa, en detrimento de Carmen Roca. Polo demáis, Julia López sigue con paso firme para renovar título, a pesar de non estar entonada estas dúas últimas semanas, sumado a que non se atopa no seu mellor estado físico. Os 20 puntos que as separan de Belén Meitín deberían ser suficientes para non ter problemas durante a segunda volta do campionato.

Á terna de perseguidoras formada por Belén Meitín, Carmen Roca e Salomé Bermúdez sumouse este ano Concepción Piñeiro, quen subiu un escalón na súa participación e está desplegando o mellor xogo que se lle viu dende hai anos.

No tocante a liga Sub 16, foi unha nova victora de Xenxo Salgueiro, a cuarta consecutiva, quen con 52 puntos aumenta a 13 a súa vantaxe sobre Christian Cociña. Se as primeiras posicións parecen estar claras, para a segunda volta do campionato haberá unha forte competencia entre Iker Cociña con 23 puntos e Jordi Cancelos pola terceira praza; nesta pelexa entre Iker e Jordi vai estar unha boa parte da emoción no que queda de tempada.

A próxima tirada vai ter lugar no centro social de Sumoas o sábado 19 de decembro.

0.18634510040283