Bo ritmo nas obras de acceso na praia burelesa do Portelo

AMariñaXa
A praia do Portelo contará proximamente cuna rampla para facilitar o acceso a este areal e tamén unha zona de descanso
obras burela praia portelo accesos 1
obras burela praia portelo accesos 1
23 Mar 2023

As obras consisten na demolición dunha parte das escalinatas do acceso á praia e a dotación dun novo acceso, con acabado en granito, e un varanda de aceiro inoxidable, todo elo adaptado á normativa actual. Ademais, o proxecto contempla a execución dunha zona de estancia para os usuarios.

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, supervisou os traballos de mellora que o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico leva a cabo na praia do Portelo, no Concello de Burela. Isabel Rodríguez puxo en valor esta actuación que creará un novo acceso para persoas con mobilidade reducida na entrada principal do areal, que a día de hoxe non dispoñe del. “Conseguimos unha entrada sen barreiras arquitectónicas e accesible, ofrecendo ao bañista unha estancia cómoda, segura e factible para que as persoas con mobilidade reducida poidan gozar integramente dun estupendo día de praia”, asegurou a subdelegada.

Isabel Rodríguez, acompañada do alcalde de Burela, Alfredo Llano, e do xefe da Dirección Provincial de Costas, José Miguel Estevan, comprobou o estado das obras que consisten na demolición dunha parte das escalinatas do acceso á praia e a dotación dun novo camiño, con acabado en granito, e un varanda de aceiro inoxidable, todo elo adaptado á normativa actual. Ademais, o proxecto contempla a execución dunha zona de estancia para os usuarios. Estas actuacións contan cun investimento do Goberno de 20.000 euros.

Neste senso, a subdelegada explicou que se trata dunha obra moi demandada pola veciñanza, enmarcada no traballo constante que se está a facer dende o Goberno de España para a mellora e coidado do litoral da Mariña lucense.

“Esta iniciativa supón que a praia do Portelo, o areal máis utilizado polos veciños e turistas en Burela, se abra a todo o mundo e sexa máis inclusiva”, destacou a subdelegada, quen avanzou que esta nova pasarela estará dispoñible para o seu uso a próxima Semana Santa.

obras burela praia portelo accesos 2
0.15970611572266