Barreiros puxo en marcha unha segunda oficina de turismo
Barreiros puxo en marcha un novo punto de información turística situado na praia de Coto. Estará aberto durante xullo e agosto en horario de 17.30 a 20.00 horas de martes a venres e os sábados de 11.00 a 13.30 e de 17.30 a 20.00 horas.
A oficina de turismo do Centro Sociocultural seguirá prestando servizo de martes a venres polas mañás, de 11.00h a 13.30h.
Deste xeito, o Concello pretende achegar este servizo aos usuarios que acoden a Barreiros principalmente para gozar do litoral, polo que a actual oficina, situada en San Cosme, lles queda un pouco a desmán.
As súas extensas praias de area branca e fina son o seu principal recurso turístico, mais Barreiros conta con outros atractivos tanto de carácter natural coma cultural, polo que esta Oficina de Turismo contribuirá a divulgar a riqueza turística alén da súa costa.
Ademais de acudir presencialmente, os usuarios poden poñerse en contacto a través do teléfono 982 134 400, no correo electrónico turismo@concellodebarreiros.gal ou a través das redes sociais Barreiros Turismo.