Barreiros foi escenario do I Campionato de España de Obstáculos Láser Run

AMariñaXa
A proba reuniu a combinados de dez comunidades autónomas e contou coa vitoria de Andrea Azkune e Adriá Puig en categoría sénior
Barreiros-I-Campionato-de-Espana-Obstaculos-Laser-Run-2025
21 Sep 2025

Barreiros converteuse na capital do deporte esta fin de semana ao acoller o I Campionato de España de Obstáculos Láser Run, unha cita pioneira organizada pola Federación Galega de Pentatlón e Tríatlon e o Club Barreiros Multisport, coa colaboración do Concello e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

O circuíto instalado en San Bartolo reuniu a combinados de dez comunidades autónomas, ofrecendo un espectáculo deportivo de primeiro nivel. Durante a mañá disputáronse as probas sénior feminina e masculina, nas que Andrea Azkune Arteche e Adriá Puig Martínez subiron ao máis alto do podio, logrando os primeiros postos da competición.

O deputado de Mocidade, Dani García Fernández, achegouse ata o lugar para apoiar aos participantes e puxo en valor a organización dun evento que, segundo sinalou, “sitúa a Barreiros no mapa nacional do deporte e demostra a capacidade deste concello para acoller citas de gran nivel”.

⚙ Configurar cookies
0.10530400276184