Barreiros e Lourenzá únense polas Letras Galegas

AMariñaXa
Os Concellos de Barreiros e Lourenzá presentaron  a actividade guiada que organizan para o vindeiro 7 de maio.
de san cosme a Salvador cartel
de san cosme a Salvador cartel
25 Abr 2023

Os Concellos de Barreiros e Lourenzá presentaron  a actividade guiada que organizan para o vindeiro 7 de maio. A iniciativa englóbase nas actividades arredor do Día das Letras Galegas e desenvolverase baixo o  nome "De Cosme Barreiros a Salvador Lorenzana", honrando dous dos pseudónimos utilizados polo escritor laurentino homenaxeado en tal data.

A actividade iniciarase ás 10 da mañá cunha ruta de 9 kms a pé desde Vilamartín Grande (Barreiros) ata Lourenzá, percorrendo parte do tramo do Camiño Norte que une ambos concellos. Unha vez rematada a ruta, as persoas asistentes serán recibidas na Casa do Concello para finalizar cunha visita guiada "dous pseudónimos, un persoeiro de referencia para a nosa lingua" a cargo de Manuel Román Ramos e José Manuel García.

Para asistir á actividade é preciso inscribirse previamente antes do día 4 de maio. Contarase con servicio de autobús para as persoas inscritas desde Lourenzá e desde San Cosme de Barreiros, este último con volta ao finalizar o evento.

A inscrición pode realizarse nos seguintes teléfonos: Barreiros (982124106) e Lourenzá (982121006 - 634898133)

de san cosme a Salvador cartel
0.18866896629333