Barreiros e Alfoz, seguintes paradas das rutas e visitas guiadas da Mancomunidade da Mariña

AMariñaXa
Aínda quedan prazas dispoñibles para as actividades da vindeira fin de semana
mancomunidade-mariña--xeoruta-Burels
16 Oct 2024

Barreiros e Alfoz serán as seguintes paradas das rutas e visitas guiadas de outono da Mancomunidade: A Mariña. Plans con Corazón. O vindeiro sábado, 19 de outubro, Carmen Delia guiará a ruta Auga e milagres no Ermo, en Barreiros. Os asistentes visitarán os arredores de Santo Estevo do Ermo e a súa cascada para coñecer a historia das súas augas e as crenzas milenarias entorno a elas. E o domingo, día 20, Ana Pena achegará aos participantes ao tesouro escondido de Alfoz, onde terá lugar unha visita teatralizada por Castrodouro, que rematará cun obradoiro de cestería.

Aínda quedan prazas dispoñibles para as actividades da vindeira fin de semana. O prezo será de 5 euros para individual; 8 euros para parella; 12 euros para familias ou grupos de ata 5 membros. A información sobre a rutas e as reservas de prazas realizarase a través da web de Turismo de A Mariña Lucense.A xornada do sábado, guiada por Carmen Delia (La Guiateca) empezou en Ría de Abres, onde os asistentes recibiron información sobre a protección medioambiental que ten este rincón fluvial de Trabada, reserva da Biosfera da UNESCO, declarada en 2007, pero tamén zona húmida, de especial protección de aves (ZEPA).Mediante un paseo por este espazo ata a caseta de observación de aves, puideron ver algúns exemplares de ánade real.

Ademais coñeceron a historia de Trabada e o patrimonio industrial do antigo ferrocarril de Villaodrid e visitaron na capitalidade do municipio o museo etnográfico aberto en 2021 adicado a Xosé Rocha, a persoa que recopilou
elementos como ferramentas, obxectos de uso cotiá, e todo o referente á vida nas vilas galegas ata tempos recentes. E tiveron a oportunidade de degustar o prato típico de Trabada, que é a enfariñada.

0.16929602622986