Barreiros acolleu as primeiras sesións do curso de iniciación á apicultura e preparación das colmeas

AMariñaXa
Unha vintena de persoas participaron nesta formación impartida por persoal da Casa do Mel de Goente
Curso-Apicultura-Barrreiros
7 Oct 2024

Barreiros acolleu esta fin de semana as dúas primeiras sesións do curso de iniciación á apicultura e preparación das colmeas para o inverno, promovido pola área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo coa colaboración do Concello de
Barreiros.

Unha vintena de persoas participaron nesta formación impartida por persoal da Casa do Mel de Goente na que se abordan cuestións como a retirada do mel excedente, o control do alimento para a supervivencia das colmeas ou a colocación de tratamentos, cunha parte teórica, na escola de Celeiro de Mariñaos, e outra práctica, nunha produción de mel na Rexa.

O curso, que se completará con duas xornadas máis os días 19 e 20 de outubro, inclúese nun programa de formación en apicultura que está a desenvolver a área de Rural, dirixida por Daniel García, co obxectivo de ampliar e actualizar os coñecementos de apicultores e apicultoras e espertar o interese por esta actividade entre as persoas máis novas.

Desde o pasado mes de xuño, desenvolverónse actividades formativas tamén no Valadouro, Vilalba, Xove, Pantón, Muras, Cervo e Mondoñedo.

0.16166210174561