Barreiros acolle o Campionato Comarcal da Mariña de Campo a Través
									AMariñaXa								
			Para as categorías benxamín, alevín, infantil e cadete no campo de fútbol de As Valgas
 					
					
22 Nov 2024
			
				Este domingo, 24 de novembro, o Concello de Barreiros acollerá no campo de fútbol de As Valgas o Campionato Comarcal da Mariña de Campo a Través para as categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete.
A proba está organizada pola Agrupación Deportiva da Mariña no marco do programa Xogade da Xunta de Galicia e conta coa colaboración Concello de Barreiros, Protección Civil de Barreiros, Eroski Barreiros e do Iberia C.F.