Avanzan as obras de renovación da rúa do Porto de Celeiro

AMariñaXa
As obras de humanización da rúa do Porto de Celeiro en Viveiro, que comezaron no verán, continúan avanzando a bo ritmo.
enovación-da-rúa-do-Porto-de-Celeiro
26 sep 2024

As obras de humanización da rúa do Porto de Celeiro en Viveiro, que comezaron no verán, continúan avanzando a bo ritmo. Esta transformación integral inclúe a pavimentación e a renovación completa dos servizos, mellorando tanto a mobilidade como a accesibilidade na zona. O proxecto, cun orzamento total de 680.704,78 euros, conta cunha achega da Deputación de Lugo de 544.563,82 euros, grazas ás xestións da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

O Concello de Viveiro aporta os restantes 136.140,96 euros. A actuación abrangue unha zona clave no cruce entre a rúa Lavandeiras, a LU-P-6612 e a rúa do Porto de Celeiro, sendo este o acceso principal á fachada marítima da localidade. Segundo Loureiro, esta obra é "imprescindible para mellorar a mobilidade e a accesibilidade dos veciños e veciñas de Celeiro. Mantendo o espíritu e a esencia mariñeira tan característica da zona, levamos a cabo unha renovación integral dunha das áreas máis dinámicas do concello, renovando os seus servizos e cumprindo as demandas veciñais”, engade Loureiro.

O proxecto contempla o movemento de terras e demolicións; pavimentación de beirarrúas e zonas de aparcadoiro; a reposición da rede de saneamento, pluviais, abastecemento e alumeado público; así como a canalización da
electricidade, as telecomunicacións, a dotación de xardinería, mobiliario urbano e sinalización horizontal e vertical da zona.

0.28130602836609