Avanzan a bo ritmo as obras do local da AECC en Ribadeo

AMariñaXa
O espazo da Avenida de Asturias permitirá reforzar a atención ás persoas enfermas e ás súas familias
Novo-local-2025-Asociación-Española-Contra-o-Cancro-de-Ribadeo
5 Jan 2026

As obras de acondicionamento do local municipal cedido polo Concello de Ribadeo á Asociación Española Contra o Cancro (AECC) avanzan a bo ritmo, cumprindo os prazos previstos e dando pasos firmes para que o espazo poida entrar en funcionamento canto antes. O inmoble, situado na Avenida de Asturias número 3, será un punto de referencia para a atención, o acompañamento e o apoio ás persoas enfermas e ás súas familias.

Desde o goberno municipal destacan que os traballos están a desenvolverse segundo o plan establecido, permitindo adaptar o local ás necesidades da entidade e garantir un espazo funcional, accesible e axeitado para a prestación dos seus servizos. A actuación busca crear un entorno acolledor no que a AECC poida desenvolver con comodidade o seu labor social e sanitario.

O Concello subliña a importancia de apoiar unha entidade que realiza un traballo exemplar en materia de atención directa, acompañamento emocional e desenvolvemento de actividades orientadas á mellora da calidade de vida das persoas afectadas polo cancro. A posta a punto deste local supón un paso máis na consolidación da presenza da asociación no municipio.

Desde o Executivo local reiteran o compromiso de seguir colaborando de maneira permanente coa Asociación Española Contra o Cancro, convencidos de que sumar esforzos en saúde, benestar e apoio social é unha prioridade para Ribadeo e para a súa veciñanza.

⚙ Configurar cookies
0.077239036560059