Aumenta nun millón de euros o orzamento de Alfoz

AMariñaXa
O Concello de Alfoz contará este ano cun orzamento de 2.281.990 euros, preto dun millón máis que o ano pasado.
castelo castroduro alfoz
1 Abr 2022

O Concello de Alfoz contará este ano cun orzamento de 2.281.990 euros, preto dun millón máis que o ano pasado debido á boa xestión na recadación municipal e na inclusión das axudas pendentes doutros organismos, da Xunta ou o Plan Único da Deputación.

Segundo explica o alcalde, Jorge Val, este novo presupuesto foi elaborado coa nova Relación de Postos de Traballo que foi aprobada o ano pasado e que sairán a concurso as prazas que hai, consolidar as interinas.

Onde se produce un cambio importante é no Servizo de Axuda a Domicilio cun incremento de horas que ao pasar as traballadoras a ter xornada completa.

No capítulo de ingresos, mantense a mesma liña do ano pasado xa que non se produciu ningunha subida das taxas e impostos ao igual que nos gastos correntes.

O outro capítulo que varía é o aumento tamén de cartos dirixidos a investimentos aínda que faltan por confirmar as subvencións da Xunta de Galicia.

Os investimentos irán dirixidos á mellora na rede viaria, principalmente do Plan Único, varios traballos de mellora no Castelo de Catro de Ouro, o Plan Turístico e traballos de mantemento. Tamén investirán nunha rutas da Reserva da Biosfera e Red Natura, así como na rede de abastecemento de auga, melloras nas instalacións da piscina e do alumeado.

0.18778204917908