Atletas de toda Galicia competiron esta fin de semana en Cervo no II Trofeo de Marcha Atlética

Este sábado, 12 de abril, o Concello de Cervo foi escenario do II Trofeo de Marcha Atlética, unha competición que forma parte do Circuíto Galego e que contou coa participación de aproximadamente 70 atletas de toda Galicia.
Durante a xornada do sábado, os e as deportistas competiron nas categorías SUB-12, SUB-10, SUB-14, SUB-16 e absoluta, tanto masculina como feminina, en case todas as franxas de idade.
Dende o concello puxeron en valor a oportunidade que brindan este tipo de actividades para promover a localidade como un destino turístico e deportivo.
Tamén esta fin de semana, Cervo acolleu o Torneo Galego de Wáter-Polo Infantil Mixto de Inverno, no que participaron un total de 9 equipos de toda Galicia: CW Pontevedra Masculino, CW Pontevedra Feminino, C Marina Ferrol, RCN de Vigo, CW Santiago A, CW Santiago B, CW As Mariñas, CW Coruña Rías Altas e CW Lugo