As Sumoas de Xove celebrará o Santo Antonio

AMariñaXa
A parroquia de Sumoas no Concello de Xove festexará o San Antonio a vindeira fin de semana do 5, 6 e 7 de agosto.
1 Festas Sumoas Xove 2022 por San Antonio
1 Festas Sumoas Xove 2022 por San Antonio
1 Ago 2022

A parroquia de Sumoas no Concello de Xove festexará o San Antonio a vindeira fin de semana do 5, 6 e 7 de agosto.

Esta cita festiva comezará cunha gran churrascada o venres 5 de agosto e cunha verbena a cargo do grupo trio Bahía e o grupo La Gira.

Ao día seguinte, trala misa solemne das 13.00 horas e a procesión, o dúo Platino amenizará a sesión vermú e tamén a verbena nocturna xunto co grupo Tania Veiras.

O último día, o domingo 7, tan só haberá sesión vermú como colofón a cita festiva co dúo Carpe Diem.

0.20014095306396