As Sumoas de Xove celebrará o Santo Antonio
AMariñaXa
A parroquia de Sumoas no Concello de Xove festexará o San Antonio a vindeira fin de semana do 5, 6 e 7 de agosto.
1 Ago 2022
A parroquia de Sumoas no Concello de Xove festexará o San Antonio a vindeira fin de semana do 5, 6 e 7 de agosto.
Esta cita festiva comezará cunha gran churrascada o venres 5 de agosto e cunha verbena a cargo do grupo trio Bahía e o grupo La Gira.
Ao día seguinte, trala misa solemne das 13.00 horas e a procesión, o dúo Platino amenizará a sesión vermú e tamén a verbena nocturna xunto co grupo Tania Veiras.
O último día, o domingo 7, tan só haberá sesión vermú como colofón a cita festiva co dúo Carpe Diem.