As pistas de atletismo da Veiga acollerán en abril a terceira das probas do I Circuíto Galego de Marcha Atlética 2024
As pistas de atletismo da Veiga acollerán o vindeiro 21 de abril a terceira das probas do I Circuíto Galego de Marcha Atlética 2024. A Federación Galega de Atletismo organiza este campionato.
Así, esta cita que xa comezou o 4 de febreiro co Campionato Xunta de Galicia de Marcha en ruta e o 24 de marzo co Trofeo Marcha en Ruta Concello de Ames 2024, seguirá o domingo 21 de abril co Trofeo Marcha en Pista 2024 de Cervo.
As seguintes competición serán o Trofeo Marcha en Pista 2024 de Santiago de Compostela o 4 de maio, e o XI Trofeo Memorial Josefina Romero de Marcha Atlética da Coruña o 18 de maio.
En cada proba e categoría puntuarán os dez primeiros atletas clasificados, segundo a seguinte puntuación: 10 puntos ao primeiro, 9 ao segundo, 8 ao terceiro, 7 ao cuarto, 6 ao quinto, 5 ao sexto, 4 ao sétimo, 3 ao oitavo, 2 ao noveno e 1 punto ao décimo.
Os 3 clubs con maior puntuación entre todas as categorías, tanto en homes como en mulleres, recibirán un trofeo. E os 3 atletas con maior puntuación por categoría tamén recibirán unha medalla. A categoría máster será unha categoría única, de 35 anos en adiante.