As parroquias de Ribadeo recibirán charlas para previr estafas

AMariñaXa
O Concello e a Garda Civil organizan un ciclo divulgativo destinado principalmente ás persoas maiores
ribadeo-Foto-reunión-Concello-Garda-Civil
15 Nov 2024

Concello de Ribadeo e a Garda Civil organizan un ciclo de charlas polas parroquias destinadas ás persoas maiores, co obxectivo de previr posibles estafas e contratempos tanto nos seus domicilios como a través de internet.

A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, explica que “este ciclo de charlas, que organizamos a través do programa Preto de Ti, o que pretende é chegar a toda esa poboación de persoas maiores que viven no noso municipio e que adoitan ser o obxectivo fácil das estafas xa sexan por teléfono, a través de internet ou no propio domicilio”.

A edil ribadense sinala: “O que queremos é darlles unha serie de pautas e consellos para mellorar a súa seguridade e quen mellor poden facelos son os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, neste caso a Garda Civil de Ribadeo, a quen lle agradezo o traballo diario que realizan e neste caso que organicen co Concello este ciclo de charlas”.

E engadiu: “Iremos informando das datas e lugares de celebración ao longo dos próximos días, pero van empezar xa este mes de novembro. Aquelas persoas que asistan recibirán un díptico cos consellos, que previamente recibiron nas charlas”.

 

 

 

0.16372394561768