As Oiras, en Alfoz, prepara as súas festas
AMariñaXa
As Oiras, en Alfoz, celebra as festas na honra a Virxe do Carme e San Mamede
Foto recurso
8 Ago 2024
As Oiras, parroquia situada no muncipio de Alfoz, celebra un ano máis as súas festas na honra a Virxe do Carme e San Mamede este mes de agosto, concretamente os días 9 e 10. O programa comezará o venres coa gastronomía como protagonista, pois haberá unha cea popular a base de empanada, chourizo e panceta a partir das 21.00 horas.
A música tampouco vai a faltar neste día. De seguido actuarán Xilo e Carlos e o dúo Belinda para o desfrute de veciños e asistentes que se queiran achegar. A cita continúa o sábado cunha mis, seguida dunha sesión vermú amenizada polo dúo Eclipse e tamén verbena, a partir das 22.00 horas, co Dúo Eclipse e disco móbil Conxuro. Coma sempre contarán con carpa tamén por se o tempo non acompaña.