As obras da depuradora de Foz continúan avanzando

Foz
AMariñaXa
Co obxectivo de evitar verteduras e protexer a ría
depuradora-foz
24 Nov 2024

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, traslada que as obras da nova depuradora de augas residuais (EDAR) de Foz continúan avanzando, co obxectivo de evitar verteduras e "conseguir protexer a nosa ría".

Unha obra licitada por Augas de Galicia en 12,22 millóns de euros, financiados nun 80 % (9,78 millóns de euros) pola Unión Europea e na que o Concello de Foz puxo a disposición os terreos. En xaneiro continuarán as obras da condución de impulsión polo casco histórico da vila.

0.15971708297729