As melloras no campo de fútbol da Devesa comezarán en setembro
As obras para mellorar o campo de fútbol de adestramento e xogo da Devesa comezarán na segunda quincena de setembro, despois da sinatura do convenio por parte da Área de Deportes da Deputación de Lugo e do Concello de Ribadeo, que financian esta actuación cun investimento de 50.000 euros.
Mónica Freire, edil de Obras e alcaldesa en funcións, sinalou que “as obras de mellora do campo de fútbol de adestramento e xogo da Devesa comezarán na segunda quincena do mes de setembro, despois de que o Concello de Ribadeo asinara un convenio coa Área de Deportes da Deputación de Lugo, que vai a financiar esta actuación cun investimento de 50.000 euros”.
E subliñou que “este é un proxecto que dende o Concello quixemos redactar para mellorar as carencias deste campo, porque foi feito fai anos, está moi desnivelado e ten tamén problemas de dureza. Unha vez que rematen estas obras e que o campo estea operativo, porase a disposición, coma sempre, das tres entidades deportivas: Ribadeo FC, SD Ribadeo e Veteranos”.