As IV Xornadas da Terra de Miranda, levará o debate sobre o medio rural ata A Pontenova
A Nova Escola Galega en colaboración coa Deputación de Lugo organizan as IV Xornadas da Terra de Miranda, un encontro de debate sobre o medio rural. Esta cita será os vindeiros 10 e 11 de novembro na casa da cultura da Pontenova.
Os obxectivos desta actividade son analizar e explicar, situándo a no seu contexto, a realidade no medio rural galego, en xeral, e na Terra de Miranda en particular; identificar, a carón desa realidade educativa analizada, as características naturais, económicas, sociais, asociativas... que determinan o estado actual da comarca; situar estes elementos analizados e identificados, no contexto de Galicia e na procura da concepción dunha estratexia global de desenvolvemento do medio rural; e, particularmente, poñer en común experiencias educativas que contribúan á planificación dunha estratexia educativa galega concibida desde e para o medio rural.