As Guerreiras Laranxas volven coroarse campioas da Copa da Raíña

AMariñaXa
As laranxas volven coroarse campioas da Copa da Raíña, nesta ocasión da súa edición de 2022. Venceron ao Atlético Navalcarnero
Pescados Ruben Guerreiras laranxas campionas Copa Raina 2022
8 Maio 2022

As laranxas volven coroarse campioas da Copa da Raíña, nesta ocasión da  súa edición de 2022. Venceron na final ao seu rival máis directo, o Atlético Navalcarnero, nun partidazo con dous equipos moi parellos que se tivo que  decidir finalmente na quenda de penaltis.  

Empezaba esta gran final cun Futsi mellor plantado sobre pista, combinando  ben e tendo oportunidades de adiantarse. Con todo, Jozi, que leva  desempeñando unha labor moi importante neste torneo, interveu e evitou o  primeiro gol das madrileñas. A bancada empuxaba ás guerreiras, e a medida  de que avanzaba o partido atopábanse mellor sobre a pista, tendo agora elas o  dominio e oportunidades. Con todo, cando mellor estaban a xogar chegou a  ocasión máis clara do partido para o Futsi, que tivo que salvar Ale de Paz  Baixo paus. 

Nos seguintes minutos o Burela ía ser quen estaba buscando máis o gol, e ían  abrir o marcador no minuto 13 por medio de Peque cun fenomenal disparo  cruzado, tras ser asistida por Emilly nunha xogada ensaiada. A alegría  percorría a bancada na afección do Burela, con todo non ía durar moito, xa uns  segundos despois, o Navalcarnero ía empatar o partido por medio de María  Sanz e posteriormente íase a adiantar con gol de Anita Luján no minuto 15. 

Despois do gol, as madrileñas estaban mellor sobre a pista, e estiveron preto  do 3-1.  Nos minutos finais da primeira parte o Burela estaba a buscar o empate, con  Emilly de protagonista. Primeiro cun trallazo que non entrou na escuadra por  nada, e xusto sobre a bocina cun punteirazo desde o á dereita que golpeou o  poste. Con isto íase a chegar ao descanso con 2-1 a favor do Futsi. 

Empezando a segunda metade o Burela saía con intencións de poñer táboas,  pero o Futsi estaba moi firme en defensa e evitaba todo perigo. Houbo unha  acción moi clara de Dany despois de facer unha manobra xenial na área que  acabo rematando alto. O Empate ía chegar máis tarde, no minuto 24, como  consecuencia dunha falta lanzada por Emilly que fulmina á rede cun trallazo.  

Outra vez cando mellor estaba o Burela, púxose por diante o Futsi cun xenial  taconazo na área de Becha no minuto 27. Con isto as guerreiras non se  rendían, e nos seguintes minutos ían poñer a proba a Marta con varios  disparos que tivo que rexeitar providenciamente, pois ela estaba a evitar o  empate do Burela. Ás laranxas estaba a custarlles penetrar na área rival, e nos catro últimos minutos segundo sacaron xogo de cinco ían empatar o partido no  36 coa recentemente ingresada Lara Balseiro en pista.  

A continuación o Burela ía tentar por todos medios poñerse por diante antes de  que acabase o tempo regulamentario, pero non o lograría e acabaría o partido  3-3 tendo que decidirse todo na prórroga.  

Na prórroga ambos os equipos estaban moi tensos, xerando algunha ocasión  pero sen profundar na portería. Ían ser uns minutos moi disputados coas  finalistas queréndose levar o partido, pero debido a que ninguén era capaz de  romper a igualdade, chegáronse aos penaltis.  

Outra vez na quenda de penaltis foi Jozi fundamental, parando o primeiro. As  nosas ían anotar todos os lanzamentos, demostrando un sangue fía e poderío  que soamente este tipo de equipos ten. levarían con todo, esta edición da copa  da raíña de 2022, disputadísima ata o último dos encontros. 

0.20507478713989