As Escolas Deportivas Municipais do Valadouro celebraron unha exhibición de patinaxe ante un pavillón ateigado de público

O Pavillón Polideportivo Municipal do Concello do Valadouro acolleu este sábado unha exhibición de patinaxe das Escolas Deportivas correspondente ao curso 2025/2026, nunha xornada marcada pola alta participación e a presenza de numeroso público, malia as elevadas temperaturas.
As alumnas da modalidade ofreceron diferentes actuacións, tanto individuais como por parellas e en grupo, nas que amosaron exercicios de gran complexidade técnica e coidada posta en escena, acompañados por música escollida para a ocasión.
Ao remate da exhibición, a concelleira Ana Rubal fixo entrega de medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo da súa monitora, Lorena Fernández, pola formación e os valores transmitidos ao longo do curso.
O Concello lembrou ademais que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o vindeiro luns 29 a partir das 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que se celebrarán distintos actos conmemorativos e a entrega de diplomas ao alumnado.