As escolas deportivas de Lourenzá presentaron a sección de atletismo
As escolas deportivas de Lourenzá presentaron a nova sección de atletismo e reanudaron os adestramentos para esta tempada.
Así, volveron a correr pola pista de Santa Cruz en presencia de Merce Dengra, concelleira de Benestar Social, Sanidade e Igualdade, o presidente do club, Pablo Maseda, e do directivo, Lino García.
Para esta tempada contarán con novidades como a creación dunha sección de Iniciación, que estará dirixida pola atleta laurentina Ana Vallines.
Ademais, terán un grupo de traballo en Cervo con adestramentos martes e xoves nas pistas de atletismo de San Cibrao e tamñen un grupo de adultos con traballo dirixido luns, martes e xoves.
Tamén seguen no corpo técnico, ademáis da incorporación de Ana, Juan Luís Méndez co medio fondo, Isma Vallines cos lanzamentos e Rubén G. Piñeiroa cos saltos e coordinando a sección.