As escolas deportivas de Burela organizan neste curso escolar rutas en bicicleta, tenis e patinaxe para nenos

AMariñaXa
As escolas deportivas do Concello de Burela organizan neste curso escolar 2023/24 rutas en bicicleta, tenis e patinaxe lúdico para nenos e nenas nados entre os anos 2011 e 2018.
escolas deportivas patinaxe tenis deportes
19 sep 2023

As escolas deportivas do Concello de Burela organizan neste curso escolar 2023/24 rutas en bicicleta, tenis e patinaxe lúdico para nenos e nenas nados entre os anos 2011 e 2018.

As rutas en bicicleta serán os luns e mércores de 15.30 a 17.00 horas, guiadas por un monitor para recorrer e coñecer o concello. O punto de partida será a praza do concello. As clases de tenis, os martes de 15.30 a 16.30 horas no pavillón dos Castros, onde tamén serán as clases de patinaxe lúdico os xoves de 15.30 a 17.30 horas.

“Tres actividades de deporte e lecer para fomentar os hábitos de vida saudables entre os nenos e nenas”, explica o concelleiro de Deportes, Carlos Méndez.

As cuotas de inscrición son de 6 euros ao mes por actividade e as fichas de inscrición deben entregarse na Casa da Xuventude, en horario de 10.00 a 14.00 horas do luns 2 ao xoves 5 de outubro. Haberá un máximo de 15 prazas por actividade.

BURELA2309_ESCOLAS2324_FOLLETOA41+_page 0001
0.19981694221497