As Escolas de Lourenzá conseguiron o bronce autonónico en alevín feminino

AMariñaXa
O pasado domingo o equipo alevín feminino Maderas Barcia Lourenzá acadou o bronce autonómico por equipos en Expourense.
escolas deportivas lourenza alevin feminino Expourense todas
23 Dec 2021

O pasado domingo o equipo alevín feminino Maderas Barcia Lourenzá acadou o bronce autonómico por equipos en Expourense.

As artífices da xesta histórica comentaron ao final que "como a todas encántanos competir, o terceiro posto sóubonos a gloria. Pero ademais do resultado, o mellor é facelo coas miñas amigas pasámolo en grande!”, dixo Ángela Rodríguez despois de conseguir a sexta posición con 9,13 nos 60 metros lisos.

"Foi un día xenial, todos e todas puxemos o noso gran de area como equipo e foi o que nos levou ao 3º posto que ninguén llo esperaba. Tamén quero destacar que na miña proba fixen marca persoal, un día estupendo con moitas emocións", engadiu Manuela Lastra competidora na disciplina de peso e que quedou 5ª con 9,13.

"Paseimo moi ben co equipo, foi o mellor campionato no que competín", dixo Cris Vázquez atleta da disciplina de altura que conseguiu o bronce con 1,25; "sentín emoción, momentos de nerviosismo, compañeirismo pero un día do que quedan inesquecibles recordos..", comunicou Aroa Ferreiro trala proba de lonxitude onde acadou a 12ª praza.

Sara Otero, de 500 lisos e na 4ª posición, dixo "un día emocionante e marabilloso que sempre estará na miña memoria"; e Lidia Balseiro de 1000 metros lisos onde conseguiu o record con 3,17, rematou engadindo que "facer un récord galego e quedar terceiras por equipos, foi impresionante".

Na categoría de relevos Cris, Sara, Lidia, Ángela conseguiron a primeira praza con 38,21.

escolas deportivas lourenza alevin feminino Expourense 0
0.19796299934387