O Concello de Cervo presenta a súa programación de Nadal

AMariñaXa
As crianzas poderán participar na creación do tradicional Belén de plastilina
plastica-cervo
28 Nov 2024

O Concello de Cervo convida ás crianzas a participar na creación do tradicional Belén de plastilina o sábado 7 de decembro. A actividade está programada para as 12.00 horas en Cervo, na Casa do Concello; e as 17.00 horas, na Casa da Cultura, en San Ciprián.

O Concello de Cervo programa unha nova edición do Belén de Pastilina que confeccionan cada ano os nenos e nenas do municipio.

Nesta ocasión, a data elixida para desenvolver a actividade é o sábado 7 de decembro, ás 12.00 horas, na Casa do Concello; e ás 17.00 horas, na Casa da Cultura. Os Beléns de plastilina permanecerán expostos ao público durante todo o Nadal.

O 14 de decembro será o Mercado de Nadal que terá lugar na Praza do Souto, en Cervo, da man da Asociación Airiños do Xunco a partir das 10.00 horas e durante todo o día. Haberá diferentes postos de alimentación, artesanía, sorteos e música, e unha edición especial da Ruta de Petiscos Cervo-Sargadelos, na Sacabeira, A Taberna de Sargadelos, O Almacén e o Caseto de Copa. Tamén está prevista unha actuación infantil ás 19.00 horas.

O domingo 15 de decembro, será o acendido do Belén feito con papel reciclado de xornal da Asociación Mulleres de San Ciprián, na Casa do Mar, ás 18.00 horas. O 18 de decembro o CIT celebrará o Día do Socio, no seu local, a partir das 18.00 horas.

O 20 de decembro o mesmísimo Papá Noel estará de visita nos dous colexios pola mañá, e tamén estará en Trasbar o día 21, da man da asociación de veciños do Burgo de Trasbar, con merenda, a partir das 17.00 horas.  E o día 22 trasladarase á Escola de Rúa, convidado por veciños desta parroquia, que tamén teñen programada unha chocolatada a partir das 16.00 horas. E xa o 23 de decembro co seu elfo visitará a Escola Infantil e o Centro de Día Residencia.

O da 21 de decembro a asociación cultural Comisión de Festas de Lieiro coa colaboración do Concello celebrará o II Festival do Guioncho, a partir das 22.00 horas, na carpa da Praza dos Campos, con moitas sorpresas, servizo de buses, a orquestra Waykas, o Grupo Beatriz e DJ Pablo Conxuro. Ese mesmo día pola mañá será o XVI Campionato de Nadal de Nihon Tai-jitsu, no pavillón do CEIP Península da Paz.

O día 22 de decembro será a tradicional Gala de Nadal no auditorio da Casa da Cultura que contará coa participación dos grupos musicais e de baile do Concello  a partir das 19.00 horas. O 24 será  a Noiteboa Infantil da man de Fervenza de Sargadelos, a partir das 17.00 horas, na carpa instalada na Praza do Souto.

O xoves 26 de decembro terá lugar un guateque de Arruguiñas na Casa do Mar, ás 19.30 horas,  coa colaboración de Xubilados Terramar. Xa o venres 27 de decembro a Praza dos Campos será o escenario do Callo Fest para despedir o ano con moita música, a partir das 21.00 horas, con '𝐌E F𝐑I𝐓O𝐒 𝐀N𝐃 𝐓H𝐄 𝐆I𝐌M𝐄 𝐂H𝐄E𝐓O𝐒' e un 'T𝐑I𝐁U𝐓O A F𝐎O F𝐈G𝐇T𝐄S' como pratos fortes. Ese mesmo día o CIT entregará os premios do concurso de fotografía de Nadal no seu local, ás 18.00 horas.

0.15999889373779