Arrinca en Ribadeo a execución das obras do Plan Único da Deputación

AMariñaXa
No pleno extraordinario celebrado onte no Concello de Ribadeo foron aprobados os orzamentos de 2022 que ascenden a case 10 millóns de euros
26 Dec 2023

Arrinca en Ribadeo a execución do Plan Único, que suporá importantes melloras en moitos camiños das parroquias do interior e da costa. O investimento ascende a máis de 362.000 euros.

O alcalde, Dani Vega, contou que “comeza o Plan Único, un plan estratéxico de infraestruturas que financia a Deputación de Lugo e que ten un orzamento de preto de 362.000 euros”.

O rexedor explicou que “imos empezar a actuar na parroquia de Ove, na Faxarda e na Igrexa; en Cubelas imos actuar en Vilela, Marelle, Sa e Salcedo; en Cedofeita haberá actuacións en Piñeiro, concretamente no barrio da Trapa; en Cei en Arante; en Santalla de Vilausende na estrada que pasa por diante da igrexa; e en Couxela actuaremos en Sendín e Irexe”.

Vega indicou que “vamos actuar tamén nas parroquias da costa. En Vilaselán, na Grandela, a LU-P-5202; en Piñeira actuaremos no acceso ao matadoiro; en Vilaframil do Coto á Siñeira; en Rinlo no campo de María Méndez; e na Devesa na Pedreira”.

O alcalde subliñou que “moitas son as parroquias que se van ver beneficiadas por esta mellora significativa dos camiños e aquí hai que destacar a colaboración coa Deputación Provincial de Lugo, á que nós lle estamos moi agradecidos e seguimos a destacar esa colaboración permanente e absoluta coa Deputación de Lugo, como con calquera administración. O importante é xestionar orzamento, que veñan e invistan no noso municipio e seguir traballando e xestionando”.

Dani Vega reiterou que “se trata dun orzamento de 362.000 euros do Plan Único, un plan que actúa e quere mellorar os camiños de todas as parroquias de todo o rural”.

0.16299819946289