Arredor de 100 persoas participaron na primeira xornada comarcal de tenis de mesa de Ribadeo
AMariñaXa
O Pavillón da Veiga, en San Cibrao, será o escenario este sábado, 8 de xullo, do IV Torneo Concello de Cervo de Tenis de Mesa
22 Jan 2024
Ribadeo acolleu a celebración da primeira xornada comarcal de tenis de mesa. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, dixo que “Ribadeo foi escenario da celebración da primeira xornada comarcal de tenis de mesa de Xogade no pavillón municipal. Na cita participaron arredor de 100 persoas que rivalizaron nas 19 mesas dispostas para a competición”.
E edil tivo palabras de agradecemento para os organizadores: “grazas á SD Ribadeo de Tenis de Mesa pola organización desta xornada e desde o Concello seguirémolos apoiando en todo o que precisen para dar visibilidade a este deporte”.