Arrancou o festival Bal y Gay en Foz

AMariñaXa
A Mariña lucense acollerá o festival Bal y Gay 2021 que xa comezou no mes de maio co ciclo Schubert no Camiño asociado á Ruta Xacobea
festibal bal y gay 2021 foz
19 Ago 2021

A oitava edición desta cita, Música á beira do mar, percorrerá os concellos de Foz, Ribadeo, Burela, Cervo e Mondoñedo ata o 26 de agosto con música para toda a familia e obradoiros nos centros de maiores

O programa compleméntase con tres concertos familiares o 20, 21 e 22 de agosto en San Cibrao, Ribadeo e Mondoñedo e obradoiros de Recuerdos Musicais os días 17, 19 e 21 de agosto nos Centros de Atención a Maiores en Trabada e Ribadeo. Tamén se levará a cabo o ciclo de conferencias en formato virtual Hojas de álbum con invitados de renome da cultura. 

Programa musical

Os horarios e programa completo pódese consultar en www.festivalbalygay.com

  • Mércores 18 de agosto ás 20:30 horas - Cuarteto Seikilos, no Pazo do Conde de Fontao (Foz)
  • Xoves 19 de agosto ás 21:00 horas - Cantoria, na Igrexa Santiago de Foz
  • Venres 20 de agosto ás 20:30 horas - Concerto a piano con Javier Perianes, no Auditorio Hernán Naval (Ribadeo)
  • Sábado 21 de agosto ás 20:30 horas - Concerto de cámara con Jaume Santonja e María Toledo, no Auditorio da Casa da Cultura (Burela)
  • Domingo 22 de agosto ás 13:00 horas - Hércules Brass, en Barreiros
  • Domingo 22 de agosto ás 21:00 horas - Puro Gershwin, na Finca Goleta (Foz)
  • Luns 23 de agosto ás 20:30 horas - Hércules Brass, en Vilanova de Lourenzá
  • Martes 24 de agosto ás 20:30 horas - Pablo Sáinz-Villegas , na Fábrica de Sargadelos (Cervo)
  • Mércores 25 de agosto ás 20:30 horas - Cuarteto Casals, na Basílica de San Martiño (Foz)
  • Xoves 26 de agosto ás 21:00 horas - Orquesta Sinfónica de Galicia, na Catedral de Mondoñedo
0.15544700622559