Arranca unha nova edición do Vrao de Foz

Foz
AMariñaXa
As sesións de dj en locais de hostelería animan o inicio do festival, que reúne a grupos como Ataque Escampe, Lucía Aldao ou Alcalá Norte
vrao-foz
17 Ago 2024

O deputado de Mocidade Daniel García,  tenente alcalde de Foz Xavier Fanego e a concelleira de Mocidade Zoraida Coira achegáronse ata o recinto do Vrao Sons Indepentes, que comeza esta noitiña en Foz coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O escenario referencial do festival será o patio do Colexio Martínez Otero que cede as súas instalacións para os principais concertos: os de Ataque Escampe, Lucía Aldao, Fantasmage, Alcalá Norte, Menta e Grande Osso, que se celebrarán este sábado desde ás 20.30 horas.

A organización apostou nesta edición por extender o eco do festival con actuacións en  diferentes localizacións da vila, implicando a hostelería local -Bico Praia, O Muelle Bar, Namarinos, Espacio Machete e Namarinos -, onde esta noite - desde as 20.00 horas-  e mañá sábado -desde as 13.30 horas –  se poderá escoitar sesións dxs dj Certain People, Sofía de Africa, Piti, Isaac Peces, Ningún Dj e El Hombre Vil.

O deputado de Mocidade explicou que “xestionamos un convenio co Concello de Foz para  colaborar nos gastos do festival e apoiar a súa continuidade, con este formato que reforza a implicación de tecido social da vila no evento” e reafirmou “o compromiso da Vicepresidencia da Deputación de Lugo coas iniciativas que teñen un soporte popular e unha vinculación co lugar en que se desenvolven para que o traballo e o investimento que require a organización impulse a actividade cultural e social ao longo do ano”. A recadación das barras do VRAO destinarase á financiación das categorías inferiores do CB Celtas de Foz.

 

 

0.12127900123596