Arranca o programa Actívate da Deputación

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A Deputación comezou esta fin de semana co programa Actívate, unha iniciativa para promover o turismo activo, científico e mindfulness.
programa activate deputacion
3 May 2021

A Deputación de Lugo comezou esta fin de semana co programa Actívate, unha iniciativa para promover o turismo activo, científico e mindfulness nos concellos da provincia. O sábado as persoas inscritas participaron nunha iniciación aos cogomelos no Incio, mentres que o domingo a actividade foi barranquismo no concello de Folgoso do Courel. Ambas iniciativas tiveron unha gran acollida e esgotaron as prazas na primeira xornada tras a apertura de inscrición.

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, celebrou o éxito na convocatoria que “nas dúas primeiras fins de semana esgotou prazas en moi pouco tempo, o que fai pensar que o turismo de calidade, non masificado, sostible e de proximidade, polo que apostamos dende a institución provincial, interesa aos veciños e veciñas da provincia de Lugo”. “Con esta iniciativa queremos axudar á recuperación da economía e tamén de promover un lecer seguro en tempos de restricións de mobilidade”, destacou a Deputada.

Mañá ábrese o prazo para participar nas actividades do sábado 15 e domingo 16 de maio. As propostas que se ofrecen son Sendeirismo na Fervenza de Augacaída, en Pantón, e Entre viñedos ao carón do Canón do Sil, en Sober. As persoas interesadas en participar nestas iniciativas do programa Actívate poden inscribirse na páxina web http://inscricions.deputacionlugo.org/gl/tema/activate. Para máis información poden chamar ao teléfono 982.26.00.11 ou enviar un correo electrónico a atuaprovincia@deputacionlugo.org.

As vindeiras semanas

A vindeira fin de semana terán lugar O rural cos cinco sentidos, en Triacastela, e A Terra Chá a vista de paxaro, en Cospeito, que xa esgotaron as prazas. O programa continuará durante todas as fins de semana de maio e xuño, abrindo a inscrición progresivamente todos os martes, con 10 días de antelación, ata completar o calendario.

Actívate súmase ás actividades incluídas no Plan Impulso da Economía da Provincia de Lugo que contempla, entre outras medidas, unha inxección económica de máis de medio millón de euros co reparto dos Bonos Impulso e dous programas que fomentarán o turismo de proximidade: Coñece a túa provincia e Saborea a túa provincia.

O programa de Actívate das próximas semanas será:

MAIO

  • 8 de maio: O rural cos cinco sentidos, en Triacastela (Prazas esgotadas)
  • 9 de maio: A Terra Chá a vista de paxaro, en Cospeito (Prazas esgotadas)
  • 15 de maio: Sendeirismo na Fervenza de Augacaída, en Pantón
  • 16 de maio: Entre viñedos ao carón do Canón do Sil, en Sober
  • 22 de maio: O Courel, onde as forzas xeolóxicas dobraron as montañas, en Quiroga
  • 23 de maio: Iniciación ao Ioga, en Mondoñedo
  • 29 de maio: Baños de bosque nos Ancares, en Cervantes
  • 30 de maio: En bici pola Vía Verde e montes na vila dos Fornos, na Pontenova

XUÑO:

  • 5 de xuño: Os increíbles ceos do Xistral, en Muras. Esta actividade, ao tratarse dunha actividade nocturna pode variar de data en función da normativa sanitaria vixente.
  • 6 de xuño: Aventura no Castro de Viladonga, en Castro de Rei
  • 12 de xuño: Sendeirismo Castelo de Pambre e torrentes do Mácara, Palas de Rei
  • 13 de xuño: Surfeando na costa da Mariña, en Foz
  • 19 de xuño: Introdución ao Tai Chí, en Guntín
  • 20 de xuño: Descubrindo as pegadas da fauna, na Fonsagrada
  • 26 de xuño: Sendeirismo na Mariña occidental, no Vicedo
  • 27 de xuño: Kaiak no río Eo, en Trabada

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16977596282959