Aprobado o orzamento do Consorcio de Bombeiros cun aumento de 7,6 millóns de euros

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A Deputación de Lugo achega o 50% deste presuposto para a prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento cos parques de bombeiros de Monforte de Lemos, Chantada, Sarria, Barreiros, Vilalba e Viveiro
pleno-consorcio-de-bomberos
28 Nov 2024

O presidente da Deputación e do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, José Tomé Roca, presidiu este xoves o Pleno desta entidade no que se aprobou un Orzamento de preto de 7,6 millóns de euros para o ano 2025, que se incrementa así un máis dun 30% con respecto ao 2024. A Deputación achega o 50% deste presuposto.

Estes orzamentos garanten o funcionamento dos seis parques do Consorcio –Monforte de Lemos, Chantada, Sarria, Barreiros, Vilalba e Viveiro-, que contan con 20 efectivos cada un.

Dos 7.599.948,12 euros que contempla o orzamento do 2025, un total de 4,8 millóns están destinados a facer fronte aos salarios dos traballadores e traballadoras, máis 1,1 millón a gastos correntes, preto de 1,6 millóns ao fondo de continxencia e outros imprevistos, e 9.000 euros a investimentos.

Polo que respecta aos ingresos, proveñen das achegas da Deputación e da Xunta de Galicia a partes iguais e de Unespa (Asociación Empresarial del Seguro).

0.1909818649292