Aprazada a Travesía da ría de Foz
Este domingo ía celebrarse a 59 edición da Travesía Ría de Foz máis por mor do mal tempo que pronostican para ese día, a organización decidiu suspendela.
"Durante a semana, as previsións meteorolóxicas para o día da regata eran bastante malas", dixo Nacho Romillo, presidente do Club Kayak, "por iso decidimos esperar ata hoxe para ver como evolucionaban e, lonxe de mellorar, empeoran".
"Por iso despois de falalo coa FGP, vémonos obrigados a aprazar a celebración do evento ao mes de setembro, pendentes de confirmar a data exacta", engadiu.
A Travesía vense celebrando ininterrupidamente dende o ano 1962, e celebrou este 25 de agosto a súa LVII edición. Trátase da segunda proba de piragüismo máis antiga de Galicia e a terceira máis antiga do Estado, tralo descenso do Sella e o descenso do Miño.