Anduriño, un divertido cocodrilo, será a nova mascota da SD Burela

AMariñaXa
A Sociedade Deportiva Porto de Burela vén de presentar oficialmente a súa nova mascota, Anduriño, un divertido cocodrilo
mascota SD Burela Andurino
4 sep 2022

A Sociedade Deportiva Porto de Burela vén de presentar oficialmente a súa nova mascota, Anduriño, un divertido cocodrilo que loce as cores do equipo.

"O nome sae do antigo Bar Anduriña, do que foi dono un socio ao que lle temos especial cariño polo apoio que nos mostra día a día na Marosa", din dende a organización. Manolo do Anduriña foi presidente do club moitos anos e "o seu amor pola SD Burela é incuestionable".

O cocodrilo representa a cor verde do equipo burelés e é un amuleto da última tempada do primeiro equipo do club.

0.18552088737488