Amplo programa cultural e festivo en Viveiro co gallo do Día das Letras Galegas

AMariñaXa
Amplo programa cultural e festivo en Viveiro co gallo do Día das Letras gGalegas. Haberá unha interpretación do Himno de Galicia
1 actividades letras galegas 2023 viveiro
15 May 2023

O Concello de Viveiro anuncia o programa de actos previstos para o próximo mércores co gallo do Día das Letras Galegas, unha xornada especial e festiva na vila que neste 2023 está dedicada a Francisco Fernández del Riego.

A xornada do día 17 comezará ás 12.00 horas coa interpretación do Himno de Galicia no balcón da Biblioteca Municipal a cargo de David Bellas, artista e profesor do CMUS de Viveiro. De seguido, na Praza Maior, celebrase un baile tradicional e xuvenil a cargo de Bágoas da Terra.

Ás 13.30 horas, na Praza da Fontenova, terá lugar a iniciativa “Música e Libros” coa colaboración da Libraría Porta da Vila e de África Copias, que inclúe un concerto do coro infantil do colexio Lois Tobío.

Xa pola tarde, ás 18.30 horas, o Teatro Pastor Díaz acolle a actuación de Magín Blanco “Cuaderno de Cores e Cancións”, con entrada de balde ata completar aforo.

O Día das Letras Galegas tamén terá unha especial actividade en Covas, cun pasarrúas de música tradicional a cargo do grupo “Amigos do Folk”.

“Dende o concello estamos especialmente orgullosos da implicación do noso tecido asociativo e cultural na celebración dunha xornada tan importante para por en valor a nosa lingua, as nosas tradicións e a nosa cultura”, sinala María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

Os actos de celebración continuarán na xornada do xoves cun concerto do Cuarteto de Clarinete do CMUS na Praza da Fontenova a partir das 18.30 horas; mentres que o venres, ás 18.00 horas, na mesma localización, tocará o Grupo de Gaitas.

Así mesmo, a sala multiusos acolle entre este luns día 15 e o luns 22 a exposición “Exaltación do traxe galego” que poderase ver de 10.00 a 14.00 horas grazas a Bágoas da Terra.

A concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, anima á veciñanza a sumarse un ano máis á iniciativa colectiva “Orgullo de ser”, que propón incorporar pezas do traxe tradicional galego á súa vestimenta ou a vestirse completamente co traxe.

Tamén se recorda que entre o día 15 e o 19, a Biblioteca Municipal agasallará aos seus usuarios e usuarias (ata esgotar existencias) cunha bolsa conmemorativa deste día tan especial.

actividades letras galegas 2023 viveiro
0.16371703147888