Amplían o prazo para executar as obras do campo de adestramento de Lourenzá

AMariñaXa
A Xunta de Goberno aprobou ampliar o prazo para a execución das obras do campo de fútbol de adestramento de Lourenzá ata o 31 de maio.
13 Feb 2021

A Xunta de Goberno tamén aprobou este venres ampliar o prazo para a execución das obras do campo de fútbol de adestramento de Lourenzá, poñendo como data límite o 31 de maio.

As actuacións, financiadas con 255.000 euros pola Deputación, consisten na pavimentación da superficie do campo con céspede artificial para favorecer a práctica deportiva dos 100 rapaces que empregan estas instalacións a diario.

0.090260982513428