Amado Lar organiza este sábado no Valadouro a XXXIII Mostra Folclórica
AMariñaXa
O 3 de setembro, O Valadouro celebra a súa Mostra Folclórica, que chega a súa trixesimo segunda edición e que será na praza de Santa María
1 sep 2023
A Asociación Cultural Amado Lar organiza, coa colaboración do Concello do Valadouro, a XXXIII Mostra Folclórica como xa vén sendo habitual a fin de semana antes das Festas do Oito.
A cita será o sábado día dous de setembro ás 20.00 horas na praza de Santa María do Valadouro.
Á parte do grupo anfitrión, este ano estará acompañándoo a Asociación Cultural Antaruxas e Sorteiros da Fonsagrada.
Durante o acto, efectuarán o sorteo dun saboroso xamón curado e un pack de pequenos electrodomésticos que consta dun espremedor e dunha torradora.
As rifas para participar nel poderanse adquirir durante a actuación.
Se as condicións meteorolóxicas foren adversas ese día, o evento trasladarase á Casa da Cultura Manuel Lourenzo.